Xa sei que o San Froilán (non confundir co Felipe Juan) remata oficialmente mañá, mais eu este serán vou de volta para aló no Transiberiano. Así que, aproveitando que aínda me pitan os oídos, vou falar de música.
Comecei o venres vendo a Inti-Illimani, que me gustaron máis do que agardaba. Logo fun ver a SFDK ao Seminario. O lugar estaba cheíño a rebentar. E soaban ben. Pero a alerxia que lle teño a ese sector do Hip-Hop que basea a súa música nunha extrema inflamación de ego fixo que non tardara moito en decantarme por outra opción moito máis interesante: o animadísimo pasarrúas dos Festicultores. Dende Amparanoia ata Goran Bregovic pasaron pola súa trituradora rítmica.
O sábado fun ver a Rosa Cedrón con Doa. É verdade que segue a ter unha voz marabillosa. Iso si: Doa non é, nin moito menos, Luar na Lubre, e o concerto non se asemellou en nada a aquel de La Paloma que tanto me emocionara. No outro escenario agardaban Avenida Brasil e Akatz. Gustáronme especialmente os bascos, que me fixeron lembrar en moitos momentos aos Skatalites.
Continuará...
Dissabte vaig anar a sentir la Rosa Cedrón amb Doa. És veritat que segueix tenint una veu meravellosa. Això si: Doa no és, ni molt menys, Luar na Lubre, i el concert no es va asssemblar en res a aquell de La Paloma que tant m'havia emocionat. A l'altre escenari esperaven Avenida Brasil i Akatz. Em van agradar especialmente els bascs, que em van fer recordar en molts moments als Skatalites.
Continuarà...



































