22 de febreiro de 2013
Buñuel desencadenado
6 de febreiro de 2013
Con Julius Richard en La Esencia
Coa presencia do mesmo Julius, poidemos mirar tres "pezas" súas: "Engaña", "Mecanismos de proyección de mi patria verde" e "Mi patria verde". Tres vídeos desconcertantes e hipnóticos, especialmente para alguén que coma min non está moi introducido nas experimentacións visuais. Apostou forte o Julius comezando por "Engaña", o máis escuro de todos. Spoiler: unha luz branca móvese aleatoriamente a toda velocidade nun fondo totalmente negro. A luz faise cada vez máis grande e móvese cada vez un pouco máis lentamente, de xeito case imperceptible. É a boca dun túnel. Explicáronnos despois dende o público que se trataba do túnel de Engaña, 7 km de túnel abandonado, parte dun tolo proxecto franquista de unir Santander con València baixo terra. Gravado dende unha bicicleta facendo os 7 km a toda velocidade. Porén, se cadra o vídeo gusta máis sen esas aclaracións. A min suxeríame nun principio unha persecución, unha escapada coa Policía Branca respirándoche na caluga e o protagonista a correr pola súa vida.
O segundo vídeo, "Mecanismos de proyección de mi patria verde", gravado en parte no Valle del Pas, é para min unha reflexión sobre o escravismo. Non sei que será para o seu autor. Spoiler: arames que fechan prados, gravados ben de perto. Pías brancas esparexidas polos campos, con auga choca e ruídos fortes e distorsionados que me fan pensar en torturas. O máis duro: un coche abandonado e un can atado a el a facer círculos ao seu redor. Incansábel. Como eses peixes que non deixan de tentar tirar os muros da peixeira a base de bicos. Cara o final, ademais do can entolecido circular aparece unha pita camiñando en liña recta seguindo unha tea metálica. Non todos os animais son persoas, pero aquilo é un campo de concentración.
Remata a "triloxía" con "Mi Patria Verde". En branco e preto. O máis belo dos tres vídeos, se cadra o menos incisivo. Jesús de la Vega destaca no coloquio posterior tres mil referencias e homenaxes, sinalando entre elas o muro desfeito do final de "Mi Patria Verde": onde debería estar a porta desa parede entran as ondas do mar con forza, unhas veces cruzan a entrada, outras non. Calquera imaxe de ondas a bater é poética.
Embriagado de imaxes miro o reloxo e é moito hora de ir durmir. O cine-fórum segue nas próximas semanas. Non perdades a oportunidade de achegarvos a La Esencia, tomar unha cervexa e alimentar un pouco o vermiño cultural. Que mellor día que os luns.
10 de xaneiro de 2012
5 de marzo de 2009
Confiança en el Govern | Confianza no Govern
Ahir em va alegrar l'esmorçar la notícia que el Govern Català vol aconseguir que la meitat de les pel·lícules projectades als cinemes de Catalunya s'estrenin doblades o subtitulades en català. Als matins de TV3, aquest programa-tòtem, plantegeven la següent pregunta al públic (mantins.sí / matins.no):
Està d'acord que la meitat de les pel·lícules s'estrenin en català?
La resposta va ser contudent: 83% Sí. 17% No.
Al día següent la pregunta gira sobre el mateix tema, però amb un matís important:
El govern aconseguirà que la meitat de les pel·lícules s'estrenin en català?
La resposta també és contundent, però oposada: 21% Sí. 79% No.
És aquesta la perplexitat de la qual ens parlava l'Associació Catalana de Sociologia? La ciutadania no és ingénua i sap (sabem) que s'haurà d'enfrontar als bombarders mediàtics madrilenys (i d'altres "regions", com ara La Voz Coz de Galicia), haurà de trencar-se el cap contra els tancs del front espanyolista PP-PSOE, arribar a acords complicats amb l'escut anti-míssils de les grans empreses de distribució... ben pensat jo també votaria Sí a la primera pregunta i No a la segona.
És una llàstima que aquesta sensació de "voler i no poder" estigui tan arrelada a la societat catalana. A Galiza encara no hem assumit el primer verb; ni parlar-ne del segon.
Onte aledoume o almorzo a nova de que o Govern catalán quere conseguir que a metade das películas proxectadas en Cataluña se estrenen dobrades ou subtituladas ao catalán. Nos matins de TV3, ese programa-tòtem, formulaban a seguinte pregunta ao público (mantins.sí / matins.no):
Está de acordo en que a metade das películas se estrenen en catalán?
A resposta foi contundente: 83% Si. 17% Non.
Ao día seguinte a pregunta xira sobre o mesmo tema, pero cun matiz importante:
O goberno conseguirá que a metade das películas se estrenen en catalán?
A resposta tamén é contundente, mais oposta: 21% Si. 79% Non.
É esta a perplexidade da que ens falaba a Associació Catalana de Sociologia? A cidadanía non é inxénua e sabe (sabemos) que terá que enfrontarse aos bombardeiros mediáticos madrileños (e doutras "rexions", como La Voz Coz de Galicia), terá que escornarse contra os tanques da fronte españolista PP-PSOE, chegar a acordos complicados co escudo anti-misís das grandes empresas de distribución... ben pensado eu tamén votaría Si á primeira pregunta e Non á segunda.
É unha mágoa que esta sensación de "querer e non poder" estea tan enraizada na sociedade catalana. En Galiza índa non asumimos o primeiro verbo; nin falar do segundo.
28 de setembro de 2008
Parte 2 | Part 2

Capítulo 1:
El xa era oficiosamente licenciado. Escoitaba unha electrónica versión de The Funky Lowlives da Manteca de Dizzi Gillespie en Icat Fm (marabilla musical, 5 sabores para unha emisora imprescindíbel). Lía o artigo Pirateando Libros de Beliscos Pequenos. Nese intre non puido agardar máis para continuar o fío da Ouriceira. Aínda que ao final o parágrafo quedase un pouco recargado. A última hora renunciou a facer algunha referencia a Woody Allen, para non matar a anotación de pedantería.
Capítol 1:
Ell ja era oficiosament llicenciat. Escoltaba una electrònica versió de The Funky Lowlives de la Manteca de Dizzi Gillespie a Icat Fm (meravella musical, 5 gustos per a una emisora imprescindible). Llegia l'article Pirateando Libros de Beliscos Pequenos. En aquell moment no va poder esperar més per continuar el fil de A Ouriceira. Encara que finalment el paràgraf hagués quedat un xic recarregat. A darrera hora va renunciar de fer cap referència a Woody Allen per no matar el post de pedanteria.
[Foto de MorBCN en Flickr (cc)]

