15 de setembro de 2006

A agradábel sorpresa da aparición das botelhas de Suso de Toro | L'agradable sorpresa de l'aparició de les ampolles de Suso de Toro


Media_httpmediatwango_owzxg


.gal


Esta mañá chuviosa a informática sorriume, amosoume a súa parte máis amábel. Permitiu que atopara, entre montes de cedés con arquivos de todos os tipos, aqueles cachiños de arte que foron as Botelhas ao mar de Suso. Durante moito tempo lía unha e outra vez moitos daqueles escritos, centrándome unha e outra vez naqueles parágrafos que máis me gustaban. Nese mesmo CD atopei un documento de texto co nome "Algunhas frases". Déixovolas encoladas ao final desta anotación.

As sete primeiras "botelhas" xa foron recopiladas no seu momento por unha boa persoa, anónima, iso si. Posto que non conseguín contactar de ningunha maneira co blogueiro, creei un novo blog, botelhaaomar.blogaliza.org, onde cada certo curto tempo mandarei unha das botellas varadas no meu ordenador de volta ao mar binario. Podedes deitar alí tamén as botellas que queirades, cheas de comentarios.



.cat


Aquest matí plujós la informàtica m'ha somrigut, m'ha ensenyat la seva part més amable, M'ha permès trobar, entre muntanyes de cedés amb arxius de tot tipus, aquells trocets d'art que van ser les Botelhas ao mar d'en Suso. Durant molt de temps llegia una vegada i una altra molts d'aquells escrits, centrant-me un cop i un altre en aquells paràgrafs que més m'agradaven. En aquest mateix CD he trobat un document de text amb el nom "Algunhas frases". Us les deixo enganxades al final d'aquesta anotació.
Les set primeres "botelhas" ja van ser recompilades en el seu moment per una bona persona, anònima, però. Ja que no he pogut contactar de cap manera amb el blocaire, he creat un nou blog, botelhaaomar.blogaliza.org, en el qual cada cert curt temps enviaré una de les ampolles varades al meu ordinador perquè tornin a la mar binària. Podeu deixar allà també les ampolles que vulgueu, plenes de comentaris.

______________________________________




Algunhas frases:

E quem dixo que nom houbo ou hai sereias no mar e na terra? Os mesmos que dim que nom hai meigas.

Que viva é a vida que nos leva. Mesmo quando já renunciaras à esperança, entra como louca pola janela e revolve a casa toda.

EU DE RAPAZ ERA TAM POBRE QUE NEM PARA UMHA BANDEIRA TINHA, FIZEM UMHA DE TERRA. De miúdos um amigo ensinou-me umha bandeira proibida, primeiro olhou a um lado e a outro assegurando-se de que ninguém nos via e logo com a ponta do sapato riscou no chão da terra um rectángulo e umha banda que o atravessava em diagonal. E depois explicou-me que os dous lados eram brancos e a banda azul. Logo apagou-na cuidadosamente com o sapato.
Assim que nom preciso de muitos metros de bandeira nem de espingardas,
tambores e trombetas militares nem de vozes de mando e posiçom de firmes. Se eu quero, quando ninguém me vê, nada mais preciso de umha pouca terra onderiscar a bandeira com a ponta do sapato, e já. Mesmo num campo de concentraçom pode a gente ter umha bandeira assim. E cada um fai a que prefira.

"ALVARITO". O político que lhe escreveu um recente discurso ao Rei da Espanha, outro político, e que este leu para o mundo cantando as glórias do castelhano, afirma que este idioma nunca foi imposto, nem na América colonizada nem aos galegos, bascos, cataláns. Tampouco houvo conquista e colonizaçom, os nativos americanos morrêrom sós depois de escavar nas minas e trazer para a Europa voluntariamente prata e o ouro. Tampouco houvo imposiçom aos nenos nas escolas espanholas. Nom houvo tampouco franquismo. Ademais, é certo o que nos aprendêrom de meninhos na escola, que Espanha é una, grande e livre. Tal como vai a cousa as minhas ideas, a minha cultura acabara prohibida de novo. O meu nome na clandestinidade foi "Alvarito", ¿terei de ir pensando outro?

INTERNET É OUTRO ENREDO PARA FUGIR DO SILÊNCIO, PARA EVITAR ESTAR EM PRIVACIDADE COM NÓS PRÓPRIOS. Estou aqui, estás aí e escapamos de nós. A nossa vida é um fluir entre bandas sonoras, ruídos e imagens, sempre a escapar da vida.

ESQUECEMOS QUE A LIBERDADE NUNCA SE TEM, SEMPRE SE LOITA POR ELA. Agora reaparece o nacionalismo espanhol franquista, mas esta vez nom com a ponta do fusil do Exército senom por meios parlamentares, e ficamos surpreendidos, como é que volta o passado, se já passou? Esquecemos lembrar sempre, e ensinar-lho aos nossos filhos, que hai que ser sempre antifascistas, que hai que ser sempre antifranquistas.

Este é o tempo da xente leve, incolora, inodora e insípida. O meu puto tempo.

.mu


FIONA APPLE when the pawn

9 de setembro de 2006

geologia 2.0 | xeoloxía 2.0


Media_httpwww23hqcomx_dvzvj


Benvinguts al curs 2006/2007.

Quan vaig començar la carrera encara pagava les fotocòpies en pesetes...

Proximament xuletes 2.0 de geologia : )


Benvidas ao curso 2006/2007

Cando comecei a carreira aínda pagaba as fotocopias en pesetas...
Proximament chuletas 2.0 de xeoloxía : )