5 de febreiro de 2013

Londres, inverno 12-13.


Londres. Un día a principios de xaneiro. Unha compañeira fala comigo en portugués mentres xantamos até que aparece un colega seu francés. Alí discuten sobre a tese recén presentada dunha e o traballo de máster a punto de presentar do outro. Marcha o rapaz. Case non me dá tempo a sentirme orgulloso de comprender toda a conversa en francés porque outro amigo dela, de Oman, saúdaa: "-Hey ya!".  "-Salam aleikum", contesta ela e seguen a conversa en inglés. Un chinés, un holandés, outro portugués, unha belga, unha alemá e un venezolano completan o círculo do Imperial College. E un director científicamente e persoalmente encantador. Na mesma cidade, un grande amigo da infancia luguesa. E V e eu a visitarnos. A estancia foi redonda, como comprenderedes. E non quería deixar esas sensacións no aire. Mellor pegadas ao papel, como un álbum de cromos sentimentais de Italia'90.

26 de xaneiro de 2013

9000 leguas baixo o mar



Hoxe quero recomendarvos unha novela de aventuras pola que é fácil apostar, un clásico, "un Stairway to Heaven case", como dirían os Heredeiros: "20000 lieues de voyage sous les mers", de Jules Verne.

Non sei que nivel de destreza en francés sería o recomendábel para animarse con este libro en versión orixinal, pero eu estou enganchado. Iso si,  poucas son as páxinas nas que non descubro unha palabra nova. Aí xoga como un crack mediático o lector de ebooks: se para ler na túa lingua poderiamos ter a clásica discusión entre papel e libro electrónico, para ler nunha lingua que non dominas arrasa o “livre numérique”, como seica din en Francia.

Así como o “Voyage au centre de la Terre” me fascinou sobre todo pola xeoloxía que tiña escondida baixo o cráter islandés, as “20000 lieues” supoñen un libro máis demorado, máis aillado aínda da sociedade do momento. Só o capitán Nemo, o profesor Aronnax, Ned Land, e miles de plantas e animais acuáticos.

Con Verne estou entendendo o significado da expresión “ciencia-ficción”, porque as súas novelas están cheas das dúas palabras, e moitas veces ao escoitar “ciencia-ficción” so pensamos na segunda.

Cada noite, antes de durmir, unha boa viaxe baixo o manto mariño, de illa en illa e de océano en océano, é o mellor exercicio de relaxación que se pode imaxinar. Recoméndovolo.

Ah, o 9000 que puxen no título é porque aínda estou perto da metade do libro. Non hai présa.

Nano-crítica: "Hay alternativas"

Hay alternativas: Propuestas para crear empleo y bienestar social en España

My rating: 5 of 5 stars

El primer paso para construir una sociedad más justa es conocer las alternativas posibles a la situación actual y las herramientas que podemos utilizar para ponerlas en práctica.

Toda aquella persona que esté en desacuerdo con cómo se gobierna hoy España, Europa y el mundo debe leer este libro. Y a continuación discutamos las propuestas, difundámoslas y apliquémoslas entre todas y todos.

23 de xaneiro de 2013

Ouriceira meets Ommwriter

Captura de pantalla do proceso de escritura deste post, con Ommwritter


O autobús serpentea entre a neve. Un medio de transporte pouco áxil. Sempre me movería en tren. A vida en tren e bicicleta. Os ollos viran a rubio de cando en vez, hoxe é un deses días. O teletraballo seguro que o inventou Rodrigo Rato, experto en pufos.

A Parroquia Atlántica reúnese ao redor da lareira, uns días con máis calma, outros con aínda máis improvisación que a media.

O inverno é inverno en todos os países, tanto ten Londres, Madrid, Lugo, Barcelona, Luanda… ben, Luanda é  diferente.

Isto é unha proba dun ommwriter a escribir en Ommwriter. A Ouriceira como un Lore Ipsum sen fin. Però amb il·lusió.

16 de xaneiro de 2013

Nano-crítica: "Meu pé de Laranja Lima"

Meu Pé de Laranja LimaMeu Pé de Laranja Lima by José Mauro de Vasconcelos
My rating: 3 of 5 stars

Boa inmersión na miseria infantil brasileira, cos soños e esperanzas do protagonista como contrapunto. Moi entrañábel, pero ás veces cun aire a "O Principiño" do que non gustei moito.

View all my reviews

7 de xaneiro de 2013

Lección de hoxe: perseveranza


Lección de hoxe: a perseveranza sempre ten premio. Dun xeito ou doutro. E si, nada pon máis a proba a túa perseveranza que tentar acordar un meeting co teu supervisor! Se a iso lle sumas un día de devorar PDFs... almost perfect.

Xa. A ninguén lle interesa isto. Son só típicas pequenas aventuras e desventuras dun PhD Student. Pero quedará aquí escrito para que non leve estes pensamentos o vento.

10 de decembro de 2012

Emigrar xa non é coma antes


Emigrar xa non é coma antes
porque agora non botas só de menos Galicia.
Botas de menos Barcelona.
Botas de menos Madrid.
Botas de menos os 16 anos.
Como cando tiñas 15
botabas de menos os 14.
Medraron os xornais
de sitios onde non estás
que les unha e outra vez
mentres tentas que che interese
o que pasa ao teu redor.

Emigrar agora xa non é coma antes
porque agora tes Skype.
Antes emigrar non era como antantes
porque antantes tiñas que ir en vapor
e antes xa podías ir a gasoil.

As nómadas cazadoras-recolectoras
dicían que migrar xa non era coma antantantes,
cando non había lume.
Antantantes si que era migración.

A partir da oroxenia alpina todo foi máis fácil.

9 de decembro de 2012

Notes from Battersea: Cycling Thames


Xa sabedes que son un namorado (pesado) das bicis. Aproveitando o Cycle Hire, tamén coñecido como Boris Bikes ou "o Bicing de Londres", hoxe fixen unha roita turística-ciclística seguindo o río, un cacho pola beira Norte e outro polo South bank.

Para circular ben pegado ao río terás que compartir espazo moitas veces coas viandantes, cousa que obriga a pilotar a bici con xeito e nalgúns casos ir a pé, coa bici de ramal (encántame a expresión de ramal: de ramal hay que decirlo más).

Esta roita de hoxe confirma unha vez máis que Londres é unha cidade espectacular, mírela por onde a mires. Déixovos co mapa da ruta que ciclei e co álbume de fotos dun día anubado que deu moito de si.

Mapa (Endomondo):

Fotos (Google+):

6 de decembro de 2012

Notes from Battersea: Benfica Restaurant

Photo: Benfica Restaurante website
 
During my stay at London I'm of course trying to take a sip of all the neighbourhoods around the city. It's not easy though, as I'm here for work, not in a Discovery Channel documentary. Nevertheless, sometimes you get in contact with a place without a previous intention to do it.

Yesterday the best football team ever, Barça, played against Benfica de Lisboa at the Champions League. So my portuguese colleague and I decided to go to the socalled Benfica Restaurant to watch the match and have dinner.

Benfica Restaurant is a black and red painted restaurant at the Brent Borough, next to Kensal Green Station (Bakerloo Line) , where a lot of portuguese live. The meal (grilled pork in our case) was pretty good and not very expensive. The waiter there (the only one in the restaurant) was very nice and the environment was fully portuguese, even north-portuguese-galician like ;) . And it happened to be a good way to practise my galician-portuguese with some of the Benfica supporters.

Finally, they drew 0-0 and Benfica won't continue its way through the Champions League, but at least we might visit again the Restaurant to follow its evolution at the Europa League.

So, if you want a portuguese experience at London, Benfica Restaurant can be your option.


5 de decembro de 2012

Notes from Battersea: Palestina, tan lonxe, tan perto

Photo: 5 Broken Cameras

Onte vin en Hackney cun bo amigo unha película que non é unha película: é unha pedrada de realidade directa ao estómago. "5 Broken Cameras" é un conxunto de gravacións reais da vida dun palestino que tenta resistir á invasión israelita da súa terra. Oliveiras queimadas, o ladrillo colonizador, os feitos consumados, a extrema, encarnizada e indiscriminada violencia do exército israelita... Todo en primeira persoa. E a infancia dos fillos do protagonista-filmador, focalizada no nacemento de Gibreel e os seus primeiros anos de vida. Están tamén aí as persoas que veñen doutras partes do mundo a solidarizarse coa resistencia.

Sabía que esa era a realidade palestina. Mais non é o mesmo sabelo que velo dende centímetros de distancia grazas á non-violenta "loita gravadora" de Emad Burnat. Onte sentín realmente que a maioría das habitantes do mundo estamos cometendo o mesmo erro que sería non facer nada ante o holocausto nazi. Ver imaxes reais dos soldados israelitas entrando pola noite nas casas dos palestinos a roubar nenos dos brazos das súas nais deixarame marcado para o resto da miña vida. Algo haberá que facer para rematar con este etnocidio e xenocidio. Que pasa coa nosa empatía?

3 de decembro de 2012

#wertgonya, Duran i Lleida

No sé com porta Duran i Lleida el seu pla de refer ponts amb el PP.

Però m'ha semblat veure el (pressumpte) etnocida Wert fent-li un enorme "calb" al Duran des de l'altra vora del riu:


21 de novembro de 2012

Notes from Battersea: a Igrexa de Inglaterra / the Church of England

Foto: Angela Berners-Wilson, a primeira cura inglesa (The Guardian)


Collín como costume escoitar a BBC Radio sempre que teño ocasión para ir practicando a escoita do inglés, que falta me fai. É curioso: neste país teñen bastantes programas de radio nos que o presentador formula un tema de actualidade e a xente chama por teléfono e dá a súa opinión. Moitas horas ao longo do día. Sería unha especie de "Hablar por hablar", pero sobre discusión política, cidadá ou deportiva en vez de sobre temas persoais. Mesmo existe unha emisora, London Biggest Conversation, que se dedica só a iso: a conversar.

Por ese motivo, voume pondo ao día de cales son os temas que os medios seleccionan neste país, o cal fai unha vez máis impresionarse coa capacidade que teñen os medios para construír unha "realidade", a base de selección e enfoque. Sabemos así, por exemplo, que Catalunya e España viven en dúas dimensións mediáticas diferentes. Mais esa é outra historia.

O título desta anotación explícase polo tema que se discutía hoxe na BBC London: a Igrexa de Inglaterra (Church of England), acaba de decidir en votación non permitir que as mulleres sexan bispas (bishops), polo menos durante os próximos 5 anos. Si, que inxusto. Pero non vos sorprende ler que no Reino Unido se está a discutir esa cuestión? Imaxinei por un momento a Rouco Varela falando do tema e tiven que borralo rápido da miña mente porque me parecía demasiado psicotrópico. Na Igrexa de Inglaterra, seica, as mulleres xa poden ser curas. E o debate está na sociedade. Dúas mulleres chamaron á radio. Unha deles explicaba: "É como se dis: non podes entrar neste bar porque es unha muller. A sociedade permitiríao?". Outra contaba que chorou ao saber o resultado da votación, e que estaba convencida de que non se estaba a entender a palabra de Deus, que a Biblia había que interpetala no seu contexto histórico.

Este debate pode ser indicativo do grao de evolución da sociedade? Quen sabe. Pola tarde falaban da destitución de Di Matteo como adestrador do Chelsea e da posibilidade de que Rafa Benítez ou Pep Guardiola ocupasen o seu lugar. E o río Thames baixaba revolto á altura do Albert Bridge.

I've got used to listen to the BBC Radio every time I can so as I can improve my skills in listening english, something actually very necessary for me. It's funny: in England they have lots of radio programs where the presenter sets out a subject of debate and then people call him or her giving their opinion. Lots of hours during the day. It's in some way like the spanish "Hablar por hablar", but focused in politics or sports instead of personal relationships.  They even have a radio network, London Biggest Conversation, doing this all the day.

Thus, I am getting up to date with the subjects selected by the media in this country. It's impressive how the media build a "reality", just selecting and approaching to subjects in a specific way. We know, for instance, that Catalonia and Spain live in different mediatic dimensions. But that's is another story.

The title of this post is connect to the subject that was debated at BBC London this morining: the Church of England has decided through ballot not allowing women to be bishops, at least the next 5 years. Yes, this is unfair. But aren't you impressed knowing that they are discussing about this subject in the UK? I mean, imagine for a moment Rouco Varela the "chief" of the spanish church talking about this. Too unbelievable. Women can, at least, be priests in the UK. And they are debating about this here. Two women called to the radio. One said: "What would you think if someone says: you can't enter to this bar because you're a woman? Would the society approve that?". The other one told the presenter that she cried when she knew the results of the voting, and that they were not understanding the God's words. They Bible had to be interpeted in its historical context, she added.

Can this debate be an indicator of the degree of evolution of a society? Who knows. This evening they have been talking about the resign of Di Matteo as the Chelsea Manager and the possibility of either Rafa Benítez or Pep Guardiola replacing him. And the Thames flew roughly at the Albert Bridge.

[Sorry for my english, I'm trying to improve!]

Nano-Review: "Notes from a Big Country"

Notes from a Big CountryNotes from a Big Country by Bill Bryson
My rating: 2 of 5 stars

Quizais demasiado condicionada a lectura por ser unha recolleita de artigos de 3-4 páxinas, o estilo faise divertido ao principio e farta cando levas a metade lida. Acabas vendo ao Bill como o típico vello que se queixa de todo e todo lle parece mal, neste caso sobre Estados Unidos. Ten algúns capítulos moi divertidos, pero a comparación co "A Short History of Nearly Everything" (definitely 5 stars) fai que "Notes From A Big Country" se quede nas dúas estrelas.

Maybe my experience is conditioned by the fact that this book is a collection of 3-4 pages articles, but the thing is the writing style is funny at the begining but upsetting when you are in the middle of the book. Bill seems here the typical grumpy old man complaining about everything, about the United States in this case. The book has some really enjoyable chapters, but when you compare it to "A Short History of Nearly Everthing" (definetely 5 stars) you notice that "Notes From A Big Country" doesn't deserve more than two stars.

View all my reviews

6 de novembro de 2012

Notes from Battersea: Arrival



To depart for a stay abroad during your PhD is the perfect example of what "leaving your comfort zone" is. New language, new city, new workplace, new people, new geology subjects. And yep, that is the point. A stay abroad is something almost hygienic (as long as you can afford it).

P. S. Not reading galician, catalan or spanish news for a while is having good news.

P. S. 2. How important is the atmosphere to work properly?