10 de decembro de 2012

Emigrar xa non é coma antes


Emigrar xa non é coma antes
porque agora non botas só de menos Galicia.
Botas de menos Barcelona.
Botas de menos Madrid.
Botas de menos os 16 anos.
Como cando tiñas 15
botabas de menos os 14.
Medraron os xornais
de sitios onde non estás
que les unha e outra vez
mentres tentas que che interese
o que pasa ao teu redor.

Emigrar agora xa non é coma antes
porque agora tes Skype.
Antes emigrar non era como antantes
porque antantes tiñas que ir en vapor
e antes xa podías ir a gasoil.

As nómadas cazadoras-recolectoras
dicían que migrar xa non era coma antantantes,
cando non había lume.
Antantantes si que era migración.

A partir da oroxenia alpina todo foi máis fácil.

2 comentarios:

  1. Que mono na foto! Estás regordiño! Encántame o teu poema pese á tristura que leva.

    ResponderEliminar
  2. Grazas! Eu sempre fun de comer ben :)

    ResponderEliminar