Photo: 5 Broken Cameras |
Onte vin en Hackney cun bo amigo unha película que non é unha película: é unha pedrada de realidade directa ao estómago. "5 Broken Cameras" é un conxunto de gravacións reais da vida dun palestino que tenta resistir á invasión israelita da súa terra. Oliveiras queimadas, o ladrillo colonizador, os feitos consumados, a extrema, encarnizada e indiscriminada violencia do exército israelita... Todo en primeira persoa. E a infancia dos fillos do protagonista-filmador, focalizada no nacemento de Gibreel e os seus primeiros anos de vida. Están tamén aí as persoas que veñen doutras partes do mundo a solidarizarse coa resistencia.
Sabía que esa era a realidade palestina. Mais non é o mesmo sabelo que velo dende centímetros de distancia grazas á non-violenta "loita gravadora" de Emad Burnat. Onte sentín realmente que a maioría das habitantes do mundo estamos cometendo o mesmo erro que sería non facer nada ante o holocausto nazi. Ver imaxes reais dos soldados israelitas entrando pola noite nas casas dos palestinos a roubar nenos dos brazos das súas nais deixarame marcado para o resto da miña vida. Algo haberá que facer para rematar con este etnocidio e xenocidio. Que pasa coa nosa empatía?

Ningún comentario:
Publicar un comentario