19 de agosto de 2005

Será o guaraná? / Serà el guaranà?


Media_httpaouriceirab_cjgfe


Esta é a bebida que está chamada a substituir á Coca-Cola. Nin Pepsi, nin cola Gold (a do mítico Continente) nin farrapos de gaita.
De comercio, o xusto. E de sabor, sobrada. De momento xa o podemos atopar na cidade bimilenaria. Que eu saiba: na Cova da Terra e no Emo (Rúa das Nóreas) e máis no Candonga (Campo Castelo).
Agora só falta que nolo sirvan en certos sitios coma este ou este.
[Banda Sonora: Ojos de Brujo – barí]

Serà el guaranà? (català)
Aquesta és la beguda que ha de substituir a la Coca-Cola. Ni Pepsi, ni cola Gold (la del mític Continente) ni farrapos de gaita*.
De comerç, el just. I de sabor, sobrada. De moment ja el podem tastar a la ciutat bimilenaria. Que jo sàpiga: a la Cova da Terra i al Emo (Rúa das Nóreas) i també al Candonga (Campo Castelo).
Ara només falta que ens el serveixen en determinats llocs com aquest o aquest.
*Farrapos de gaita, expressió despectiva que s’utilitza per a indicar el nul valor d’una cosa.

18 de agosto de 2005

Terra Brava 2005 !


Media_httpaouriceirab_axfgo


Vantaxes do festival:


Paisaxe impresionante.
Carballeiras e soutos con boísimas sombras para xantar e botar a sesta.
O río Cabe.
Unha colega da facultade, que coñecín en Barcelona, resultou ser do Incio! E está na organización da festa.
Tocarán os gaiteiros máis aunténticos que coñezo.
O cartel é da cor preferida da mañica máis riquiña do mundo.
Camisolas á venda!
A Palleira, esa tasca-pub poderosa!
Actuación de regueifeiros = risas aseguradas.
Seica ao alcalde pepeiro non lle fai moita graza o festival.


E podería seguir!


[Banda Sonora: Heredeiros da Crus – chicarrón]


Terra Brava 2005! (llegir en català) =>


Avantatges del festival:

Paisatge impresionant.
Boscos de roures i castanyers amb molt bones ombres per fer la migdiada.
El riu Cabe.
Una colega de la facultat, que he conegut a Barcelona, és de O Incio! I és part de la organització de la festa.
Tocaran els gaiteirs més autèntics que conec.
El cartell és del color preferit de la “mañica” més maca del món.
Samarretes a la venda!
A Palleira, aquesta tasca-pub poderosa!
Actuació de “regueifeiros” = rialles assegurades.
Sembla ser que a l’alcalde pepero no li fa gaire gràcia el festival.



I podria seguir!

Terra Brava 2005 !






Vantaxes do festival:



Paisaxe impresionante.
Carballeiras e soutos con boísimas sombras para xantar e botar a sesta.
O río Cabe.
Unha colega da facultade, que coñecín en Barcelona, resultou ser do Incio! E está na organización da festa.
Tocarán os gaiteiros máis aunténticos que coñezo.
O cartel é da cor preferida da mañica máis riquiña do mundo.
Camisolas á venda!
A Palleira, esa tasca-pub poderosa!
Actuación de regueifeiros = risas aseguradas.
Seica ao alcalde pepeiro non lle fai moita graza o festival.



E podería seguir!



[Banda Sonora: <a href="http://aouriceira.blogsome.com/go.php?http://www.coveralia.com/caratula.php?id=12654">Heredeiros da Crus – chicarrón]



Terra Brava 2005! (llegir en català) =>



Avantatges del festival:



Paisatge impresionant.
Boscos de roures i castanyers amb molt bones ombres per fer la migdiada.
El riu Cabe.
Una colega de la facultat, que he conegut a Barcelona, és de O Incio! I és part de la organització de la festa.
Tocaran els gaiteirs més autèntics que conec.
El cartell és del color preferit de la “mañica” més maca del món.
Samarretes a la venda!
A Palleira, aquesta tasca-pub poderosa!
Actuació de “regueifeiros” = rialles assegurades.
Sembla ser que a l’alcalde pepero no li fa gaire gràcia el festival.



I podria seguir!

17 de agosto de 2005

Os tenis


Media_httpaouriceirab_pguim


TENIS s.m. 3. p.ext. Calzado para xogar a calquera deporte
(Gran Diccionario Xerais da Lingua)

É unha mágoa, mais este nome tan auténtico e tan lugués está case desaparecido do vocabulario xuvenil actual. Todo comezou cando se puxeron á venda uns tenis que non eran exactamente deportivos, senón máis ben encamiñados a lucir polas rúas. Era o que se veu coñecendo, quizais por influencia catalá, como “bambas”.


Só se lles seguía chamando tenis aos modelos máis clásicos de calzado deportivo. Pero por aí tamén perdeu terreo o termo patrimonial: os novos tenis, especiais para atletismo, fútbol ou outros, como eran tan modernos, recibiron o nome de “zapatillas de deporte”, “zapatillas de clavos”, “botas de tacos”...


E nisto chega El Canto del Loco, que como tod@s sabedes son os máis radicais do mundo mundial, e quéixanse de que non lles deixan entrar nos garitos con zapatillas. Como dicía unha crítica dun xornal: se esa é unha canción de crítica social, apagha e vámonos. Eu sempre pensei que os sitios onde che obrigan a entrar con zapatos non merecen nin que pases por diante.


Ao que vou: agora toda a poboación galega repetidora de retrousos de Los 40 (a inmensa maioría) canta esa carallada das zapatillas; a verba tenis está condeada ao esquecemento.


Aquí queda, a modo de peza de museo etnográfico, a foto duns auténticos tenis, desa mítica marca que na infancia denominabamos “Jota jáiber” (pronúnciese en castelán).


[Banda sonora: Arianna Puello – gancho perfecto]

Els “tenis” (llegir en català) =>


És una llàstima, però aquest nom tan autèntic i tan lugués es troba gairebé desparegut del vocabulari juvenil actual. Tot va començar quan es van posar a la venda uns tenis que no eran exactament esportius, si no més aviat pensats per a lluïr pel carrer. Era el que s’ha anat coneixent, potser per influència catalana, com a “bambas”.

La gent només continuava dient-li tenis als models més clàssics de calçat esportiu. Però per aquí també va perdre terreny el terme patrimonial: els nous tenis, especials per atletisme, futbol o altres, com que eren tan moderns, van rebre el nom de “zapatillas de deporte”, “zapatillas de clavos”, “botas de tacos”...


I llavors arriba El Canto del Loco, que com tots i totes sabeu són els més radicals del món mundial, i es queixen que no els deixen entrar als locals amb zapatillas. Com deia una crítica d’un diari: si això és una cançó de crítica social, ja podem plegar. Jo sempre he pensat que els llocs als quals t’obliguen a entrar amb sabates no mereixen ni que passis per davant.


El que volia dir: ara tota la població gallega repetidora de tornades de Los 40 (la inmensa majoria) canta aquesta bajanada de les zapatillas; el terme “tenis” està condemnat a l’oblit.



Aquí queda, com a peça de museu etnogràfic, la foto d’uns autèntics tenis, d’aquella mítica marca que a la nostra infància anomenavem “Jota jáiber” (pronunciat en castellà).

O encanto de Neves / L’encant de Neves


Media_httpaouriceirab_plkwd

Grazas a esta concelleira por dicir en alto o que moit@s pensamos. A noticia aparece en La Voz de Galicia. Eu engado que non estaría mal facer folletos e entradas en euskera e catalán, xa que son dúas linguas de países cos que compartimos estado e moitas outras cousas, e dos que recibimos abond@s visitantes. Teño que dicir que me gustou a visita teatralizada e serviume para descubrir algunhas cousas sobre a cidade que descoñecía. Dende logo esta cidade merece ser vista. [Banda sonora: Safari Orquestra feat. Andrés do Barro – Teño saudade]
L’encant de Neves (llegir en català) => Gràcies a aquesta regidora per dir en veu alta el que molts i moltes pensem. La notícia apareix a La Voz de Galicia. Jo afegeixo que no estaria malament fer folletos i entrades en euskera i català, ja que són dues llengües de països amb els quals compartim estat i moltes altres coses, i dels que rebem força visitants. He de dir que m’ha agradat la visita teatralitzada i m’ha servit per a descobrir algunes coses sobre la ciutat que desconeixia. Realment aquesta ciutat mereix ser vista.

16 de agosto de 2005

Día de Cantabria


Media_httpaouriceirab_ogvde


Quedei realmente impresionado. Non era esta a única casa de Cabezón de la Sal engalanada soamente con esta bandeira, nin moito menos. As bandeiras cántabras contábanse cos dedos dunha man. (Como estarán as galerías o Día de la Hispanidad?) E mentres o presidente de Cantabria, nesta mesma vila, alertaba ás montañesas e montañeses do perigo luciferino de que os malvados separatistas formulen un órdago á unidade de España. España roja y rota!!. En fin.


Nun recuncho, ao final da Avenida (Avenida Generalísimo, por certo), un rapaz con bandeira de Galiza no peito vendía chapas, adhesivos e camisolas coa bandeira de Cantabria non oficial.


Iso si, tanto sábado como domingo poidemos gozar dunha amplísima demostración de folklore cántabro: música, baile, traxes, sobaos, quesadas, bois, cans, zocos… digno de ver e probar. E dende o sábado pola tarde até o luns pola mañá actividade ininterrumpida nos pubs e barras externas con especial abundancia de Reggaeton machacón xaquecón. Só se salvan, dende o meu humilde punto de vista, o bar Indiano e o pub El Escudo.


Á mañá do luns despedíame das curmás mediterráneas e poñiamos rumbo a Gallaecia.


[Banda sonora: Joxe Ripiau – positive bomb]

Dia de Cantabria (llegir en català) =>


M’he quedat realment impresionat. No va ser aquesta l’única casa de Cabezón de la Sal engalanada només amb aquesta bandera, ni molt menys. Les banderes càntabres es podien comptar amb els dits d’una mà. (Com estaran les galeries el Día de la Hispanidad?) I mentrestant el president de Cantabria, a aquesta mateixa vila, posava alerta a les montanyeses i montanyesos del perill demoníac que els malvados separatistas formulin un “órdago a la unidad de España”. España roja y rota!!. En fi.


En un cantó, al final de l’Avinguda (Avenida Generalísimo, per cert), un noi amb bandera de Galiza al pit venia xapes, adhesius i samarretes amb la bandera de Cantabria no oficial.


Això sí, tant dissabte com diumenge vam poder gaudir d’una molt amplia demostració de folklore càntabre: música, ball, vestits, sobaos, quesadas, bous, gossos, zuecos… digne de veure i tastar. I des de dissabte a la tarda fins dilluns al matí activitat ininterrumpida als pubs i barres externes amb especial abundància de Reggaeton migranyon. Només se salven, des del meu humil punt de vista, el bar Indiano i el pub El Escudo.


Dilluns de matí m’acomiadava de les cosines mediterrànies i posavem rumb a Gallaecia.

12 de agosto de 2005

Se vas para o Ribeiro…


Media_httpaouriceirab_nghaw

... vai por Ribadavia, di a cantiga. Non tiña nin idea de que existía o barrio xudeu. O único que coñecía desta vila era o cartel da Festa da Istoria. E se vas por Ribadavia pasa pola Taberna A Papuxa. Un lugar dos de antes, auténtico a máis non poder, dende as paredes (como a da foto) até @s clientes, pasando polas cuncas. Que desgraza non saber valorar o viño. Vaia galego desarraigado, que non me gusta o viño nin o licor café (clandestino e da casa). Eu son máis de mosto e guaranito. E voltando cara a casa soaba na miña mente: Primeiro Portomarín, logo Castrelo de Miño... [Banda Sonora: Expensive Soul – b. i.] Si vas cap a O Ribeiro… (llegir en català) => ... ves per Ribadavia, diu la cançó. No tenia ni idea que existia el barri jueu. L’únic que coneixia d’aquesta vila era el cartell de la Festa da Istoria. I si vas per Ribadavia pasa per la Taberna A Papuxa. Un lloc dels d’abans, totalment autèntic , des de les parets (com la de la foto) fins als clients, passant per les tasses (cuncas). Quina desgràcia no saber valorar el vi. Quin gallec desarrelat, que no m’agrada el vi ni el licor café (clandestí i casolà). Jo sóc més de mosto i guaranito. I tornant cap a casa sonava a la meva ment: Primeiro Portomarín, logo Castrelo de Miño...

10 de agosto de 2005

Another lonely day

A 1000 km [Ben Harper – another lonely day] Yes indeed I’m, alone again And here come emptiness, crashing in Its either love or hate I cant find in between Cuz I’ve been with witches and I have been with a queen It wouldn’t have worked out anyway So now it’s just another lonely day (yeah eh) Further along we just may But for now its just another lonely day Wish there was something I could say or do I can resist anything but the temptation from you But I’d rather walk alone then chase you around I’d rather fall myself then let you drag me on down It wouldn’t have worked out anyway And now its just another lonely day (yeah eh) Further along we just may But for now its just another lonely day Yesterday seems like a life ago Cuz the one I love today I hardly know You I held so close in my heart oh dear Grow further from me with every fallin’ tear It wouldn’t have worked out anyway So now its just another lonely day (eh eh) Further along we just may But for now its just another lonely day

28 de xullo de 2005

Carreiras de chapas


Xúrovos pola nai que me pariu que non collín a idea da ilustre María. Non sei que misteriosa conxunción de Planetas fixo posíbel esta casualidade. A foto saqueina ás 16:28 de hoxe. A maioría das chapas que saen na foto son relativamente recentes, mais algunhas teñen unha longa historia, son da primeira vez que se puxeron de moda. Incluso algunhas proveñen de cando compartía colección cun curmán xornalista emigrante. As dúas chapas de abaixo que non se distinguen moi ben por mor dos brillos son de Nocilla (grande agasallo do que estreou os comentarios da Ouriceira) e de NO a la Constitució Europea, mercada a un do Maresme nunha das últimas manifestacións barcelonesas. Do Festigal deste ano só son a da coroa e a de Shin-Chan. Cada chapiña ten unha bonita historia detrás. E a camisola posiblemente garda a mellor de todas. Vou durmir, que senon mañá diminúe o tempo de reacción do conductor!


Carreres de xapes


Us ho juro per la mare que em va parir que no he agafat la idea de la ilustre María. No sé pas quina misteriosa conjunció de Planetas ha fet possible aquesta casualitat. La foto la he tret a les 16:28 d’avui. La majoria de las xapes que surten a la foto són relativament recents, però algunes tenen una llarga història, són del primer cop que es van posar de moda. Fins i tot algunes provenen del temps en el qual compartia colecció amb un cosí periodista emigrant. Les dues xapes de la part baixa que no es distingeixen gaire bé pels reflexos són de Nocilla (gran regal del que ha estrenat els comentaris de A Ouriceira) i de NO a la Constitució Europea, comprada a un noi del Maresme en una de las darreres manifestacions barcelonesas. Del Festigal d’aquest any només són la de la corona i la de Shin-Chan. Cada xapa té una bonita història al darrere. I la samarreta posiblement guarda la millor de totes. Vaig a dormir, que si no demà disminuirà el temps de reacció del conductor!


26 de xullo de 2005

Día da Resaca Galega


Media_httpaouriceirab_mqdbb

Visto o panorama do domingo á noite polas rúas compostelás, ese podería ser un máis dos múltiples nomes do 25-J (Día do Apóstolo, Día de Galicia, Día da Patria Galega...) En xeral levei moi boa sensación do Festigal deste ano. Moita xente de todas as idades, moitas actividades interesantes e concertos de gran calidade. Só faltou ela. Foron para destacar, na miña opinión, os directos de La Phaze, Expensive Soul e Dios Ke Te Crew. Mágoa que non puiden chegar ao da Safari Orquestra. Aínda que nunca oín a esta tropa, teñen ao seu favor boas críticas e o feito de que un curmán meu sexa parte integrante. Outra vez será. E a Fragagá quédanlle dous días de presidente. Desta foi, carallo! Derrubamos ao creador do PP. Agora estaría ben que todo o partido se viñese abaixo en efecto dominó. Felicidades a tod@s s galegs polo seu día grande. Dia de la Resaca Gallega (llegir en català) => Un cop vist el panorama de diumenge a la nit pel carrers de Compostela, aquest podria ser un altre nom a afegir a la llista del 25-J (Día do Apóstolo, Día de Galicia, Día da Patria Galega…) En general torno amb molt bona sensació del Festigal d’enguany. Molta gent de totes les edats, moltes activitats interesants i concerts de gran qualitat. Només va faltar ella. M’agradaria destacar el directes de La Phaze, Expensive Soul i Dios Ke Te Crew. Llástima que no vaig poder arribar al de la Safari Orquestra. Encara que no l’he sentit mai, tenen a favor seu bones crítiques i el fet que un cosí meu sigui part integrant. Haurà de ser un altra vegada. I a Fragagá li resten dos dies de president. Desta foi, carallo! Hem enderrocat al creador del PP. Ara estaria bé que tot el partit s’esfondrés en efecte dominó.

21 de xullo de 2005

Botade a lingua a pacer


Non deixedes de comentar na bitácora todo o que vos veña en gana, dende facer una crítica destructiva sobre un artigo ata contarme que existe unha nova salsa para o shawarma, por exemplo (que rico!). Seica o comentario que deixedes non aparecerá no blog ata que eu o acepte como válido. Intentarei validalos o antes posíbel. Vémonos! (ou lémonos)


Digueu la vostra


No deixeu de comentar a la bitàcora tot el que us vingui de gust, des de fer una crítica destructiva sobre un article fins explicar-me que existeix una nova salsa per al shawarma, per exemple (que bo!). Sembla ser que el comentari que deixeu no apareixerà al blog fins que jo no l’accepti com a vàlid. Intentaré validar-los tan aviat com pugui. Ens veiem! (o ens llegim)


20 de xullo de 2005

Presidenta


Xa temos novA presidentA do Parlamento: Dolores Villarino.


Teño que recoñecer, dentro da miña incultura, que non a coñecía de nada. A simple vista a min tenme un aire á segunda de Zapatero, De la Vega. Non hai nada que me faga desconfiar da nova presi (ben, o certo é que si que teño unha certa prevención respecto á xente do PSOE, mais iso é unha mosca-tras-a-orella xeral). O único que quería comentar é: Por que non lle propón alguén á Villarino que recupere a forma non deturpada do seu apelido? Non me digades que non pegaría moito máis nos diarios, nas teles, nos documentos Dolores Vilariño ou Dores Vilariño.


O cambio do apelido podería valer de demostración dun novo xeito de entender a Normalización Linguística dende o goberno. Seguro que na Mesa lle poderían botar unha man encantad@s.


Ja tenim novA presidentA del Parlament: Dolores Villarino.


He de reconèixer, dins de la meva incultura, que no la coneixia de res. A primer cop d’ull em sembla que té un aire a la segona de Zapatero, De la Vega. No hi ha res que em faci descomfiar de la nova presi (bé, la veritat és que sí que tinc una certa prevenció respecte la gent del PSOE, però això és una mosca-darrera-la-orella general). L’únic que volia comentar és: Per què no li proposa algú a Villarino que recuperi la forma no deturpada del seu cognom? No em digueu que no quedaría molt millor als diaris, teles i documents Dolores Vilariño o Dores Vilariño


El canvi de cognom podria valer de demostració d’una nova manera de entendre la Normalització Lingüística des del govern. Segur que a la Mesa li podrian donar una má encantats/des.


18 de xullo de 2005

Campaments! | Campamentos!

Poc a poc penjaré algunes de les millors fotos dels Campaments de Prat de Comte i Núria, així us les podreu descarregar i no hauré de enviar-les a cadascú. Per a veure-les haureu d’introduïr una clau que us enviaré per email. De moment aqui teniu l’HIMNE! (l’apoteosi del freakisme geològic):


Himne de Prat de Comte.


Perdut en l’inmens Prat de Comte, les mans al mapa i al martell.
Perdut en l’inmens Prat de Comte, sols penso en trobar el meu contacte.
De nit estirat jo somio, que el profe no podrà venir.
De nit estirat jo somio, que ja no hem caldrà fugir.
Fent tombarelles jo baixava, aquelles costes de Prat de Comte.
Cagum Déu com hi anava, morats, esgarrinxades i sang.
Contents tots els geolegs canten, ja veuen la fi dels seus mals.
Contents tots els geolegs canten, les capes són horitzontals.


Cançó per Xavier Colell i Pere Domènech. Melodia de “Perdut en l’inmensa mar blava”


Pouco a pouco colgarei algunhas das mellores fotos dos Campamentos de Prat de Comte e Núria, así poderédelas descargar e non terei que enviarllas a cada un. Para velas teredes que introducir unha clave que vos enviarei por email. De momento aquí tedes o HIMNO (a apoteose do freakismo xeolóxico):


Himno de Prat de Comte


Perdido no inmenso Prat de Comte, as mans no mapa e no martelo.
Perdido no inmenso Prat de Comte, só penso en atopar o meu contacto.
De noite deitado eu soño, que o profe non poderá vir.
De noite deitado eu soño, que xa non cumprirá fuxir.
Facendo pinchacarneiros eu baixaba, aquelas costas de Prat de Comte.
Cagondiolo como ía, moratóns, rabuñaduras e sangue .
Contentos todos os xeólogos cantan, xa ven a fin dos seus males.
Contentos todos os xeólogos cantan, as capas son horizontais.


Canción por Xavier Colell i Pere Domènech Melodía de “Perdut en l’inmensa mar blava”







 



 

Gústache conducir? | T'agrada conduir


En ausencia de agentes de circulación o para auxiliar a éstos, y en las circunstancias y condiciones establecidas, la Policía Militar podrá regular la circulación, y el personal de obras en la vía y el de acompañamiento de los vehículos en régimen de transporte especial podrá regular el paso de los vehículos mediante el empleo de las señales verticales de Detención obligatoria (STOP, R-2) y de Sentido obligatorio (R-400) incorporados a una paleta y, por este mismo medio, las patrullas escolares invitar a los usuarios de la vía a que detengan su marcha.


Ou o que é o mesmo, como entreterse nun verán cando (milagre da nosa señora da barca) non queda ningunha asignatura colgada para setembro. O apaixoante mundo do Reglamento de circulación.


O el que és el mateix, com entretenir-se un estiu quan (miracle de Nosa Señora da Barca) no queda cap assignatura penjada per a setembre. L’apassionant món del Reglament de circulació.


15 de xullo de 2005

Benvidas e benvidos!! | Benvingudes i benvinguts!!

Agora mesmo, dende Nou Barris, Barcelona, acabo de estrear blog. Aínda non sei nadar nesta procelosa mar das ondas wi-fi. Agora marcho para o Baix Empordà ("Costa Brava"). Mañá longa viaxe cara Galiza. Volvo á orixe. Seguiremos informando.


Media_httpaouriceirab_wdtac


Ara mateix, des de Nou Barris, Barcelona, he estrenat aquest blog. Encara no sé nedar en aquesta "procelosa mar de les ones" wi-fi. Ara marxo cap al Baix Empordà ("Costa Brava"). Demà llarg viatge cap a Galiza. Torno a l’origen. Seguirem informant. 


Media_httpaouriceirab_wdtac