20 de xullo de 2005

Presidenta


Xa temos novA presidentA do Parlamento: Dolores Villarino.


Teño que recoñecer, dentro da miña incultura, que non a coñecía de nada. A simple vista a min tenme un aire á segunda de Zapatero, De la Vega. Non hai nada que me faga desconfiar da nova presi (ben, o certo é que si que teño unha certa prevención respecto á xente do PSOE, mais iso é unha mosca-tras-a-orella xeral). O único que quería comentar é: Por que non lle propón alguén á Villarino que recupere a forma non deturpada do seu apelido? Non me digades que non pegaría moito máis nos diarios, nas teles, nos documentos Dolores Vilariño ou Dores Vilariño.


O cambio do apelido podería valer de demostración dun novo xeito de entender a Normalización Linguística dende o goberno. Seguro que na Mesa lle poderían botar unha man encantad@s.


Ja tenim novA presidentA del Parlament: Dolores Villarino.


He de reconèixer, dins de la meva incultura, que no la coneixia de res. A primer cop d’ull em sembla que té un aire a la segona de Zapatero, De la Vega. No hi ha res que em faci descomfiar de la nova presi (bé, la veritat és que sí que tinc una certa prevenció respecte la gent del PSOE, però això és una mosca-darrera-la-orella general). L’únic que volia comentar és: Per què no li proposa algú a Villarino que recuperi la forma no deturpada del seu cognom? No em digueu que no quedaría molt millor als diaris, teles i documents Dolores Vilariño o Dores Vilariño


El canvi de cognom podria valer de demostració d’una nova manera de entendre la Normalització Lingüística des del govern. Segur que a la Mesa li podrian donar una má encantats/des.


Ningún comentario:

Publicar un comentario