16 de setembro de 2011

Boa merda | Bona merda (Mr. Fishman & Beat Mac @ Casa das Cores)

A Casa das Cores. Lugo. A agradábel sensación, como se fose unha caricia, de finalizar as vacacións en Galiza cunha sesión de DJ's atmosféricos nunha terraza a carón do Río Miño. Unha noite entre pedras á luz da lúa, que é como deberiamos pasar todas as noites de verán. Co Mr. Fishman (a.k.a. Dr. Think) hai un punto de familiaridade. Síntome ben escoitando a súa música porque xa a/o coñeco de vello. Co Beat Mac a situación é un pouco máis chocante, mais non menos suxerente. Volvo interpretar o aire. O ambiente que crea a mistura musical destes dous xenios é o importante, porque a música que fan non está feita para cantar retrousos e estrofas. Se se crea unha atmósfera especial, unha sensación cutánea que permaneza na memoria sensorial co paso do tempo, se iso ocorre, é que isto é boa merda. E ocorre.

A Casa das Cores. Lugo. L'agradable sensació, com si fos una carícia, de finalitzar les vacances a Galícia amb una sessió de DJ's atmosfèrics a una terrassa al costat del riu Miño. Una nit entre pedres sota la llum de la lluna, que és com hauríem de passar totes les nits d'estiu. Amb el Mr. Fihsman (a.k.a. Dr. Think) hi ha un punt de familiaritat. Em sento bé escoltant la seva música perquè ja la/el conec des de fa temps. Amb el Beat Mac la situació és una mica més xocant, però no menys suggeridora. Torno a intepretar l'aire. L'ambient que crea la barreja musical d'aquests dos genis és l'important, perquè la música que fan no està feta per cantar tornades i estrofes. Si es crea una atmosfera especial, una sensació cutània que romangui a la memòria sensorial amb el pas del temps, si això ocorre, és que això és bona merda. I ocorre.

2 comentarios:

  1. Alvaro1:17 a.m.

    Moitas grazas polas tuas palabras, sentimonos alagados.

    ResponderEliminar
  2. Grazas a vós pola vosa arte!

    ResponderEliminar