10 de setembro de 2011

Islandia. Xeoloxía pura | Islàndia. Geologia pura

http://www.youtube.com/watch?v=K1ZHggKlpgw

Grazas a chimpinho e meneldis acabo de ver o documental máis impresionante da miña vida (até o momento). Combina Islandia, a Itaca do espectáculo natural, cunha impresionante cantidade de conceptos xeolóxicos de todos os campos, interrelacionándoos cunha habilidade nunca vista e conectándoos finalmente coa historia humana e co futuro (f*ck yeah actualism). Glaciares, puntos quentes (hot spots), cambio climático, inclusións fluidas... todo cabe en 45 minutos. Estou impresionado. Penso que se fose profesor de instituto poñeríalles este vídeo aos meus alumnos e alumnas coa tarefa de explicar un dos conceptos que aparecen no documental. Só un. E habería para toda a clase sen repetir ningún. Un pracer. E ademais en alta definición. 

Gràcies a a chimpinho i meneldis he vist el documental més impresionant de la meva vida (fins al moment). Combina Islàndia, la Itaca de l'espectacle natural, amb una impresionant quantitat de conceptes geològics de tots els camps, interrelacionant-los amb una habilitat mai vista i connectant-los finalment amb la història humana i amb el futur (f*ck yeah actualism). Glaceres, punts calents (hot spots), canvi climàtic, inclusions fluides... hi cap tot en 45 minuts. Estic impresionat. Crec que si fos professor d'institut posaria aquest vídeo als meus i les meves alumnes amb la tasca d'explicar un dels conceptes que apareixen al documental. Només un. I n'hi hauria per a tota la classe sense repetir cap. Un plaer. I a més en alta definició.

2 comentarios:

  1. pintafontes9:41 a.m.

    Recibo a recomendación de @chimpinho para que vexa este documental, pois el sabe que no verán de 2010 nos pasamos 6 semanas en Islandia que reflectimos no nos blogue http://deviaxe.blogspot.com/search/label/Islandia . Realmente xa o tiña visto, é dos mellores que hai sobre o tema (pero un chisquiño sensacionalista).É unha viaxe espectacular, recomendable para calquera persoa pero imprescindible para os amantes da xeoloxía e dos espazos salvaxes. Por exemplo, con unha simple escapadiña en avión podes facer a travesía de Landmanalaugar, o roteiro mais espectacular que fixen na miña vida: http://deviaxe.blogspot.com/2010/07/travesia-landmannalaugar-orsmork.htmlOutro impresionante documental que non podes deixar de ver e no que Islandia ten certa presencia é a serie da BBC "Wonders of Solar System": http://docuwiki.net/index.php?title=Wonders_of_the_Solar_System (hai sutítulos en castelán e tamén unha versión da TVE moi mal doblada e nada recomendable)

    ResponderEliminar
  2. Realmente incríbeis as fotos que aparecen no voso blogue. A min sobrecóllenme só as fotos, creo que si un día vou alá vou perder a fala :) Lerei o blogue con calme.O documental é un chisquiño sensacionalista, pero co tempo vou pensando cada vez máis que hai que ser un pouco sensacionalista se queres transmitir ou xerar paixón pola ciencia, se non, pasa como naquel mítico anuncio "las rocas metamórficas gutiérrez que le veo..." http://www.youtube.com/watch?v=ZRXmQLU9yikVou ver o documental que me recomendas, logo.Un pracer e grazas polo comentario.

    ResponderEliminar