10 de outubro de 2012

Por min e todos os ciclistas



Son eu coa bicicleta
que fago rodar o planeta
son eu coma unha frecha
se ves pasar unha estela
a calma de novembro
a man unha balsa de aceite
só vexo tías boas
e pousos de petróleo

Vou esquivando pedriñas
baches e sumidoiros
coma unha formiguiña
empuxo a xeosfera
unha hora en Angola
media hora en Filipinas
ódianme os taxistas
as vellas peatonas

Por min e todos os ciclistas
que cunha bicicleta
fan circular as cousas
esta melodía
estas catro notas

Antònia Font - Per jo i tots es ciclistes (Vostè és aquí)

Ningún comentario:

Publicar un comentario