16 de agosto de 2025

Jazz sobre herba

Ao final todo se trata de darlle á vida un ritmo adecuado, nin moi lento nin moi rápido. Jazz sobre herba. Hockey sobre pedras, como di o Quimi Portet.

20 de febreiro de 2024

Así están as pólas en Edinburgh

 


Así están as pólas en Edinburgh, así a forza resistente e ascendente querendo agromar.

18 de febreiro de 2024

O teu futuro

 


O teu futuro, o meu, non están escritos. Lewandowski decidiu facer unha paradiña en Balaídos. Decidiuno el. Que decides ti?

26 de marzo de 2022

Merece

Merece ser descrita a percepción dunha gota de auga nunha fraga transfronteiriza.