Foto CC BY-SA: pawpaw67
Neuronas desconcertadas.
O capitalismo non trae as felicidades prometidas.
Sons de porras.
O mundo dos maiores,
os maiores,
os maiores son eses que falan seriamente
e abroncan aos seus fillos,
non se sabe por que.
Os trens pasan a toda velocidade,
saltarei dun a outro
como Biralbo
pero intentando non esmagar a ninguén contra as vías.
Construir algo vivo
no lecer
é máis utópico que a socialdemocracia.
Este pseudopoema
parece escrito
por un neno de trece anos.
Como ten que ser.
Ningún comentario:
Publicar un comentario