31 de agosto de 2006

31 de agosto: Día dos Blogs | 31 d'agost: Dia dels Blogs

Hai xa dous anos que o israelí Nir Ofir lanzou a iniciativa de unir todos os blogueiros dispersados polo globo co propósito de dar a coñecer novos autores, puntos de vista e enlaces novidosos para a comunidade. A súa proposta consistiu en que todo titular dunha bitácora publique no 31 de agosto, un artigo recomendando 5 novos blogs, preferentemente diferentes á súa propia cultura, punto de vista e posición. A xornada de hoxe, convértese nun día para o coñecemento de novos blogueiros e experiencias afastadas do propio contorno máis habitual.

Ningún comentario:

Publicar un comentario