Cando chove en Madrid en xullo
a olor a po húmido
que ascende até a xanela
da miña solución habitacional
esvaece a morriña
que medraba durante semanas de calor.
O peixe que deixaron boquexando
no peirao de Ares
(non domino o vocabulario mariñeiro)
somérxese na choiva.
E respira.
Cando sexa presidente hei plantar
tantas árbores frondosas,
tantas aciñeiras, carballos e castiñeiros,
que hei ser recordado
como
o Rei Plantado.
Foto:
tnarik
Ningún comentario:
Publicar un comentario