20 de abril de 2011

Unha nova idea | Una nova idea



Media_httpmediatumblr_uqpjb



Non é fácil atopar o espazo dun no planeta. O fluxo constante de información dos nosos tempos -vía prensa dixital, Facebook e Twitter principalmente- pon a proba aínda máis a nosa capacidade para o crecemento persoal, para a nosa reflexión.

Do mesmo xeito, dende a irrupción do Internet ubícuo rara vez fechamos os ollos para escoitar un disco enteiro do noso grupo favorito, sen anuncios de Spotify polo medio, e máis rara vez aínda escribimos un artigo dun blogue con certa calma, que é como se agradece escribilo. Cambiade se queredes a primeira persoa de plural do que digo pola primeira de singular.

Nesta situación hai tempo que quero crear algo novo, un blogue que recolla en certo xeito e con xeito o que me gustaba da Ouriceira (1 e 2), e que conviva en harmonía con xabre.eu.

Quero que sexa un blogue reflexivo, evocador e incisivo. Que os 28 anos de experiencias xeniais dean froitos en forma de verbas. E contribuír con algúns grans de xabre á grande e animada conversa da humanidade.

Benvidas e benvidos ao (espazo).

ACTUALIZACIÓN 03/08/11:

Conseguín concentrar toda a Ouriceira (1, 2 e 3) nun só blogue: ouriceira.com Este será o meu blogue no sentido clásico da palabra.

Para esas pequenas cousas recollidas pola rede visita xabre.tumblr.com

Desculpen as molestias.



No és fàcil trobar l’espai d’un mateix al planeta. El fluxe constant d’informació del nostre temps -via premsa digital, Facebook i Twitter principalment- posa a prova encara més la nostra capacitat per al creixement personal, per a la nostra reflexió.

De la mateixa manera, des de la irrupció de l’Internet ubicu molt poques vegades tanquem els ulls per escoltar un disc sencer del nostre grup favorit, sense anuncis d’Spotify enmig, i encra més poques vegades encara escrivim un article d’un bloc amb certa calma, que és com s’agraeix escriure’l. Canvieu si voleu la primera presona de plurarl del que dic per la primera de singular.

En aquesta situació, fa temps que vull crear quelcom nou, un bloc que reculli en certa manera el que m’agradava de A Ouriceira (1 i 2), i que convisqui en harmonia amb xabre.eu.

Vull que sigui un bloc reflexiu, evocador i incisiu. Que els 28 anys d’experiènices genials donin fruits en forma de mots. I contribuir amb alguns grans de sauló a la gran i animada conversa de la humanitat.

Benvingudes i benvinguts a l’(espai).

ACTUALITZACIÓ 01/08/11:

He aconseguit concentrar tota l'(1, 2 e 3) en un sol bloc: ouriceira.com Aquest serà el meu bloc en el sentit clàssic de la paraula.

Per a altres petites coses recol·lectades per la xarxa visita xabre.tumblr.com

Disculpin les molèsties.

Ningún comentario:

Publicar un comentario