29 de agosto de 2008

Teoría da conspsoeción | Teoria de la conspsoeció


Media_httpfarm2static_qhjwu


Foto de Contando Estrelas en Flickr
É a seguinte:

Crise económica. Verán, e polo tanto ermo de noticias. Eleccións en Galiza en 2009. Que podemos facer?:

Xa sei. Creamos unha serpe de verán arredor do adianto das eleccións. Publicitamos un pouco a Touriño, que terá os seus primeiros momentos de gloria nos medios nacionales. Publicidade: ben. Cando todo o mundo dá por feito o adianto, colocamos a Touriño nun marco incomparable. Compostela ao fondo. Bandeira galega tapada polo mesmo Emilio. Bandeira rojigualda ben resplandecente. E nese momento: zas! Touriño afirma que o que lle importa é o ben do noso país, "das nosas xentes". Non hai adianto.

Touriño é forte, galeguista, independente, cumpre co prometido, leal con España mais agarimoso con Galicia. Esta vez non fala en Touriñés (ver Touripedia). Non comete erros.

Xa está: temos un líder reforzado. Un presidente con case menos carisma que Montilla, convertido en crack mediático. De paso falamos un pouco menos da crise. Golpe de efecto.


A campaña está lanzada.

- ¿Ferraz? Aquí Pepiño. Misión Cumplida. Cambio y corto.

E recorda: Os cataláns róubannos os cartiños, tensionan o estado e polas noites comen nenos. Galegos bos e xenerosos. Cataláns malos e agarrados.

Encántame isto das ideas-forza.

És la següent:

Crisi econòmica. Estiu, i per tant desert de notícies. Eleccions a Galiza el 2009. Que podem fer?:

Ja ho tinc. Creem una serp d'estiu al voltant de l'avançament de les eleccions. Publicitem una mica Touriño, que tindrà els seus primers moments de glòria als mitjans nacionales. Publicitat: bé. Quan tothom dona per fet l'avançament, coloquem Touriño en un marc incomparable. Compostela al fons. Bandera gallega tapada pel mateix Emilio. Bandera rojigualda ben lluent. I en aquest moment: zas! Touriño afirma que el que li importa és el bé del nostre país, "das nosas xentes". No hi ha avançament.

Touriño és fort, galleguista, independent, compleix amb el que promet, leal amb España però amb estima per Galicia. Aquest cop no parla en Touriñés (veure Touripedia). No fa errades.

Ja està: tenim un líder reforçat. Un president amb menys carisma que Montilla, convertit en crack mediàtic. De pas, parlem una mica menys de la crisi. Cop d'efecte.

La campanya està llançada.

- ¿Ferraz? Aquí Pepiño. Misión Cumplida. Cambio y corto.

I recorda: els catalans ens roben els diners, tensionan l'estat i per les nits es mengen nens. Gallecs bons i generosos. Catalans dolents i garrepes.

M'encanta això de les idees-força.

Ningún comentario:

Publicar un comentario