10 de decembro de 2006

O Patrimonio Xeolóxico galego, en perigo | El Patrimoni Geològic gallec, en perill


Media_httpwww23hqcomx_dikur


O patrimonio xeolóxico é un ben común que forma parte inseparábel do patrimonio natural e cultural da Humanidade. É un recurso natural non renovábel e, polo tanto, finito e esgotábel. A súa importancia ponse de manifesto nas conclusións da Declaración Internacional de Digne, froito do Primeiro Simposio Internacional sobre Patrimonio Xeolóxico celebrado no 1991 en Digne (Franza), que no seu artigo 7º di: "O pasado da Terra non é menos importante que o da súa Humanidade. Chegou o tempo de que esta aprenda a coñecelo e protexelo". O artigo 8º di tamén: "O patrimonio xeolóxico é un ben común da Humanidade e da Terra, cada persoa, cada goberno, non é máis que o depositario deste patrimonio. Cadaquén debe comprender que toda predación é unha mutilación, unha destrución, unha perda irreparábel. Calquera xeito de desenvolvemento debe ter en conta o valor e a singularidade deste patrimonio”.

O artigo enteiro, na web de ADEGA. Grazas ao da Órrea.

El patrimoni geològic és un bé comú que forma part inseparable del patrimoni natural i cultural de la Humanitat. És un recurs natural no renovable i, per tant, finit i esgotable. La seva importància es posa de manifest a les conclusions de la Declaració Internacional de Digne, fruit del Prmer Simposi Internacional sobre Patrimoni Geològic celebrat el 1991 a Digne (França), que al seu article 7è diu: "El pasat de La Terra no és menys important que el de la seva Humanitat. Ha arribat el temps que aquesta aprengui a conéixer-la i protegir-la". L'article 8è diu també: "El patrimoni geològic és un bé comú de la Humanitat i de La Terra, cada persona, cada govern, no és més que el dipositari d'aquest patrimoni. Cadascú ha de comprendre que tota predació és una mutilació, una destrucció, una pèrdua irreparable. Qualsevol tipus de desenvolupament ha de tenir en compte el valor i la singularitat d'aquest patrimoni".

L'article sencer, a la web d'ADEGA. Gràcies al de Órrea.

Ningún comentario:

Publicar un comentario